Contador de Visitas

venres, 12 de abril de 2013

I Xornada Feroz de Música Galega: OBRADOIRO DE CANTO E PANDEIRETA

davide.jpg

Davide Salvado (Marín, 1981), unha das voces máis carismáticas e con máis proxección do noso país, será o encargado de impartir o obradoiro de canto e pandeireta. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura e o respeito pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.
No 2004 entra a formar parte, xunto a Ugia Pedreira (Marful), Ramom Pinheiro e Richard Rivera, do grupo Ecléctica Ensemble, formado no Consevatorio de Música Tradicional e Folque. Pouco despois, uniuse como cantante e percusionista á banda do recoñecido gaiteiro Xosé Manuel Budiño, coa que xirou por escenarios de medio mundo.
Na actualidade, é voz da Banda das Crechas, grupo residente da mítica Casa das Crechas compostelana, coa que gravou o seu disco homónimo. Davide ten ademáis colaborado en varios traballos discográficos, como “Arrolos de Salitre”, o disco de cantos de berce editado por Xabier Díaz e Guillerme Fernández (Berrogüetto).
No 2011 editou o seu primeiro traballo en solitario, “Árnica Pura”. Un disco moi persoal no que Davide nos sorprende cunha escolla do que poderíamos chamar "as súas cancións preferidas". Agora na primaveira do 2013 presentará o seu segundo traballo "O ladrón de amorodos", inspirado nos fermosos deseños do artista William Morris, e no que o concepto estético cumpre un importante papel. 
Tres días despois da nosa I Xornada Feroz, o martes 28 de maio, a partires das 20:30 hs, Davide presentará este novo disco no Teatro Colón de A Coruña.

CONTIDOS XERAIS DO OBRADOIRO

- Afinación, dinámicas e expresividade no canto tradicional.
- Nocións técnicas e ritmos en pandeireta galega, pandeiras, pandeiro cadrado.

- Repertorio aplicado.



Ningún comentario:

Publicar un comentario