Contador de Visitas

venres, 12 de abril de 2013

I Xornada Feroz de Música Galega: OBRADOIRO DE GAITA GALEGA

daniel.jpg

O obradoiro de gaita galega será impartido por Daniel Bellón (Ferrol, 1985), o cal posúe un dos currículums máis importantes do mundo da música tradicional en Galicia, sendo o gaiteiro máis laureado da historia, avalado por máis de 40 premios no seu haber.
Fórmase no seo da Banda de Gaitas Airiños de Fene, á vez que estudia no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol obtendo a titulación de Grao Profesional de Gaita Galega. Dende 2006 estudia jazz na "Escuela Popular de Música y Danza" (Madrid), cursando saxofón, harmonía moderna, improvisación e piano complementario. 
Na banda de gaitas Airiños de Fene chega a desenvolver durante varios anos a faceta de gaiteiro solista. Asimesmo é fundador dos grupos Roquementroque, Venela e tamén participou do cuarteto de gaitas Xaloucos. No ano 2001 funda con Pedro Lamas o cuarteto tradicional Luvas Verdes. Catro anos despois, no 2005, funda con Diego Maceiras o BellónMaceiras Duo, proxecto que actualmente convive có BellónMaceiras Quinteto. 
Na súa traxectoria como gaiteiro solista ten acadado premios como o "Constantino Bellón" en 3 ocasións (2001, 2005 e 2006, sendo o gañador máis novo de toda a historia), o "Gaiteiro de Soutelo" en 4 ocasións (2002, 2004, 2005 e 2006), e o "Trophée Macallan (Lorient, Francia, 2003). 
No ano 2010 é co-fundador xunto a Diego Maceiras da Escola de Música BellónMaceiras de Fene.
Na actualidade combina a súa faceta de gaiteiro-saxofonista nos proxectos BellónMaceiras (dúo e quinteto), co de gaiteiro do prestixioso cuarteto Luvas Verdes, e coa de mestre de gaita galega. 

CONTIDOS XERAIS DO OBRADOIRO
1. Afinación na gaita galega (4 horas).
    1.1. O tempero.
    1.2. Afinación do ronco.
    1.3. Afinación do punteiro.

2. Ornamentación e estilística na gaita galega (4 horas).
    2.1. Ornamentos. Estudio sobre partituras de pezas galegas.
    2.2. Estilística diversa.
    2.3. Posturas alternativas
    2.4. Ornamentación a cuarteto.
    2.5. Audicións


Ningún comentario:

Publicar un comentario