Contador de Visitas

luns, 18 de marzo de 2013

23 DE MARZO, DAVIDE SALVADO EN CONCERTO NO TOXOS E FROLES

O vindeiro sábado 23 de marzo, a partires das 20:30 hs., a voz de DAVIDE SALVADO soará no local social do Real Coro Toxos e Froles de Ferrol (R/ Magdalena, 220, 1º). A entrada será de balde.
Davide Salvado é sen dúbida unha das voces máis carismáticas do noso pais. De formación autodidacta, leva media vida recorrendo as aldeas galegas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, se non todo un xeito de vivir. O amor a todas esas prácticas tradicionais, a fía, a cestaría, a agricultura e o respeito pola terra, fan do xeito de entender o canto para Davide moito máis que simplemente música.


Ningún comentario:

Publicar un comentario